85

Prazas dispoñibles

350€

Axuda mensual

5

Itinerarios formativos do Sector TIC

Programas de formación certificada
cunha axuda de 350€/mes para cada participante

Inscríbete xa para non quedar sen a túa praza!

Que é  o «Proxecto Impulsa»?

Un programa de emprego xuvenil que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade da mocidade de Santiago. Desenvolveranse 5 itinerarios de formación encadrados no sector das tecnoloxías e da comunicación (TIC)

¿Canto durará?

O programa vaise a desenvolver no ano 2018. A duración, dependendo de cada curso, pode oscilar entre  as 400 e 500 horas lectivas, incluíndo as que corresponden a prácticas en empresas.

Como me inscribo?

Se cumpres os requisitos para participar e estás interesado, podes rexistrarte e facer a túa preinscrición premendo aquí.

Itinerarios formativos do Sector das TIC

Confección e publicación de páxinas web

460 horas

Requisito: nivel de estudos mínimo de ESO ou equivalente

Community management.

430 horas

Requisito: nivel de estudos mínimo de Bacharelato ou equivalente

Manexo profesional de drons, montaxe e mantemento, con especialización no seu uso para o sector audiovisual

400 horas.

Requisito: nivel de estudos mínimo de Bacharelato ou equivalente

Xestión de marketing e comunicación

500 horas

Requisito: nivel de estudos mínimo de Bacharelato ou equivalente

Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web

430 horas.

Requisito: nivel de estudos mínimo de Bacharelato ou equivalente

A quen vai dirixido?

Ás mozas e mozos entre os 16 e os 29 anos, desempregadas/os, e que non estean integradas/os nos sistemas de educación ou formación. O programa ofertará 85 prazas con asignación prioritaria para os empadroados en Santiago, das que unha alta porcentaxe serán de preferencia para mulleres. Ademais, resérvanse varias prazas para participantes con discapacidade, migrantes de orixe estranxeira ou poboación xitana.

Se queres saber máis, solicita agora a túa praza e pronto contactaremos contigo

O programa «Ponte en marcha! Impulsa a túa carreira» conta cun número de prazas limitadas, polo que se queres optar a unha delas deberás completar o proceso de solicitude da túa praza a través desta páxina web. En breve o noso equipo de técnicos de emprego contactará contigo para darche toda a información precisa.

¿En que consistirán os 5 itinerarios formativos?

Os 5 itinerarios formativos sinalados estarán organizados do seguinte xeito:

Formación profesional específica, correspondente aos respectivos Certificados de Profesionalidade impartidos, atendendo ás demandas do tecido empresarial e produtivo.

Formación transversal que comprenderá como mínimo, as seguintes materias:

  • Fomento das novas tecnoloxías da información e a comunicación.
  • Fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
  • Formación en idiomas.

Prácticas profesionais non laborais en empresas dos diferentes sectores.

Titorías personalizadas durante a etapa formativa e de prácticas en empresas, así como accións de apoio e acompañamento na busca de emprego.

Bolsa axuda de 350 € mensuais para cada un dos participantes durante o período de formación e de prácticas profesionais non laborais.

Todos os participantes realizarán un itinerario formativo e laboral personalizado que lles permitirá adquirir a cualificación necesaria para ocupar un posto de traballo, tendo a oportunidade de mellorar as competencias lingüísticas nun segundo idioma, formarse en Tecnoloxías da Información e a Comunicación e noutros itinerarios non formais. Mellorarán as súas competencias persoais e habilidades sociais coa realización dun período de prácticas profesionais, non laborais, en empresas relacionadas coa formación adquirida.


Durante todo o programa, disporán dun acompañamento personalizado de asesoramento e deseño das accións máis adecuadas para mellorar a súa empregabilidade e conseguir un emprego de calidade, axudándoo/a a artellar o seu propio itinerario, a trazar o camiño que debe percorrer, a recoñecer as súas metas e acadalas.